BNG e Goberno local avalían os acordos de mandato

Compartir

A comisión bilateral para o seguimento dos acordos de mandato asinados entre o Goberno de Inés Rey e o BNG reuniuse hoxe para analizar os termos pactados o 19 de xuño do 2019. Por parte do Goberno encabezou a delegación o seu portavoz e concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, acompañado de Juan Díaz Villoslada, concelleiro de Urbanismo e Santiago Roura, coordinador xeral da Alcaldía. Polo BNG estiveron presentes o seu portavoz, Francisco Jorquera, a concelleira Avia Veira e Francisco Rei, da dirección nacionalista.

O BNG trasladou que ve un “insuficiente grao de cumprimento” do Acordo de Investidura por parte do Goberno local e emprazou o grupo que dá sustento ao executivo coruñés a que se manteña «na letra e no espírito da entente política que permitiu o acceso de Inés Rey á Alcaldía». Ambas forzas acordaron volver ter unha nova xuntanza nun encontro a ter lugar na primeira quincena de outubro.

“Estamos preocupadas e preocupados porque o grao de cumprimento do acordo é manifestamente mellorable, declarou Francisco Jorquera, quen considerou non obstante que o de xuño de 2019 é «un moi bon acordo para a cidade» e lamentou ter a «sensación» de que o PSdG se ten movido do mesmo. Jorquera ve «incumprimentos» en aspectos como o urbanismo -como o proxecto das Percebeiras ou a do parque da Agra do Orzán- ou a cultura -onde ven unha «preocupante ausencia» de política cultural-.

Unha conclusión distinta sobre a xuntanza foi a que presentou o portavoz do Goberno, José Manuel Lage Tuñas, quen declarou a este medio que «a reunión foi positiva», e dixo ter notado unha «boa disposición ao entendemento sabendo que somos dúas forzas diferentes». Comprometeu ao Goberno local a «seguir desenvolvendo este acordo.”

Lage Tuñas recordou a situación xeral motivada pola pandemia de COVID-19 como un atranco para desenvolver coa axilidade pretendida o acordo de imandato. “Este ano 2020 está marcado pola pandemia da COVID e toda a planificación deseñada a finais do ano 2019 tivo que ser modificada para priorizar o perentorio e urxente que era xestionar as consecuencias da pandemia na cidade”, explicou.

O Goberno que dirixe Inés Rey vai seguir defendendo un proxecto progresistas para A Coruña, con diálogo con tódolos grupos e buscando o mellor para os coruñeses e coruñesas”, asegurou o portavoz, reafirmando que «os socialistas imos a seguir priorizando o eixo progresista, tomando como base os acordos que temos asinados, sen que iso supoña ningún impedimento para poder chegar a acordos con tódolos grupos políticos presentes na corporación que queiran cooperar e ser constructivos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *