Ata 217.000 euros en subvencións ás entidades deportivas

Compartir

A Concellería de Deportes aprobou a concesión definitiva das subvencións para o ano 2020 para actividades físicas e deportivas, por un valor de 217.000, un 80% máis que o ano pasado. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que as renuncias dalgunhas entidades xeraron un crédito sobrante de 62.500 euros «que se destinou a aumentar as bolsas para deportistas individuais, que faremos públicas nos vindeiros días».

Martínez asegura que estas axudas para apoiar ás entidades deportivas da cidade «axudan ao mantemento da súa actividade» e, asegura, «o fomento do deporte como estilo de vida saudable debe ser un dos primordiais dunha administración e así o entendemos desde o Concello da Coruña».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *