#AsNosas fanlle un 7 ao Valencia

Compartir

O Deportivo Abanca liquidou a súa estrea na Copa da Raíña cunha contundente vitoria sobre o Valencia CF Feminino, no histórico debut oficial do equipo no Estadio Riazor ante preto de 8.000 deportivistas pese ao desapracible día. Co 7-2 acadado, o Deportivo feminino entra nos Cuartos de Final da Copa da Raíña, que se desputarán tamén a partido único, e para a que xa están confirmados CD Tacón, EDF Logroño, Athletic Club e Sevilla FC.

A principal novidade no once deportivista foi o debut da colombiana Lorena Bedoya, que formou parella no centro da defensa con María Méndez. Foi un partido especialmente sinalado para a deportivista Pele, que marcou catro dos sete goles do equipo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *