As ANPAs critican a comunicación da Xunta

Compartir

Ante o peche dos centros de ensino decretado pola Xunta a partir do día 15, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos reclama «responsabilidade cívica» por parte das familias «nun momento sen precedentes como o actual» e apoia a iniciativa de clausura tempora,. Porén, critican a «falta de comunicación» da Xunta, que lles resulta «incalificable», xa que acusan ao presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, de non ter dito a verdade ao asegurar que tivera contactos con todo tipo de organizacións antes de tomar esta medida. Os pais e nais do alumnado dos centros públicos piden unha «interlocución directa» coa Xunta nesta crise.

Igualmente, a Confederación de ANPAs reitera a súa disposición á colaboración coas administracións e alerta do custo económico da suspensión de actividades para os traballadores e empresas que prestan servizos ás familias e ANPas, «que neste momento xa están sufrindo despedimentos e regulacións temporais de emprego». Neste sentido, reclaman «medidas laborais e económicas para a protección dos traballadores», chamando a atención sobre a desprotección que afecta a monitores, academais, ou profesionais de actividades extraescolares.

Non ás «teleaulas»
CONFAPA chama a atención sobre a heteroxénea «realidade social, económica e tecnolóxica de Galicia». Ante esta situación, consideran que «a educación a distancia ou telemática como un substituto da asistencia ás aulas é unha idea peregrina que rexeitamos enerxicamente». Piden que a situación non deveña nunha «mingua da calidade» educativa, polo que reclaman a ampliación do calendario escolar logo de controlada a situación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *