Arrincan os motores do Rally da Coruña

Compartir
XXI Edición do Rally da Coruña. Fotografía: Nacho Carballeira

Un fin de semana dedicado ao motor con 113 participantes. O Rally da Coruña volve na súa XXIV edición entre hoxe e mañá. A proba, organizada por One Seven Racing, enmárcase no calendario de Rallyes de Galicia e conta cunha etapa dividida en catro seccións.

O rally atravesará os concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo, sumando novos tramos á ruta clásica. Ata as catro e media de hoxe, na explanada de Riazor, teñen lugar as verificacións administrativas e técnicas

Posteriormente, a afección coruñesa poderá achegarse a María Pita para ver os bólidos ao vivo e en directo. Alí abrirase oficialmente o rally e a tempada galega de 2020. Haberá un espectáculo de luz e son. A estampa de algúns dos mellores coches de competición na praza é xa un clásico do motor galego. Despois do evento, a caravana percorrerá as rúas coruñesas e os vehículos pasarán a noite no polígono de Vío, de onde sairá mañá a etapa.

XXI Rally A Coruña. Fotografía: Nacho Carballeira

A proba comeza coa ruta ata Aranga, dende onde se realizará o primeiro tramo cronometrado. Posteriormente será a quenda de Cerceda, á beira do lago das Encrobas. Seguirá o tramo Culleredo-Arteixo. En total, todas as pasadas polos treitos suman case 90 quilómetros, con outros 370 de enlaces. A organización habilitou unha guía para que os espectadores que queiran gozar do motor en directo saiban en que treitos da ruta situarse. Pode descargarse na seguinte ligazón:
http://www.rallyeacoruna.com/_include/Gu%C3%ADa%20do%20espectador%2024Rallye%20A%20Coru%C3%B1a.pdf

A entrega de premios e a subida ao podio terán lugar desde as nove da noite do sábado de volta en María Pita. Será o broche de ouro á festa coruñesa do motor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *