A última semana duplicou os casos de COVID-19 na área sanitaria

Compartir

A área sanitaria da Coruña supera os 900 contaxios confirmados de coronavirus COVID-19, ao incrementarse en case 90 persoas as cifras de onte. Achégase así ás cifras de Vigo, que continúa a ser a área sanitaria máis afectada de Galicia con 955 casos. O incremento na Coruña foi moito máis acusado nas últimas 24 horas. En total, na última semana, a cifra na nosa área sanitaria duplicouse dos 438 aos 906 actuais. No resto da comunidade, Santiago ten 581 casos confirmados, 559 Ourense, 456 Lugo, 382 Pontevedra e 219 Ferrol. É o que indican os datos oficiais feitos públicos esta mañá pola Xunta, revelando un incremento de 2.400 casos en Galicia en sete días.

O goberno autonómico recorda que «Galicia ten a taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32%». A media estatal é de case nove falecementos por cada 100 casos confirmados. Só  Ceuta e Melilla teñen unha taxa máis baixa que a galega, cun 1,96% e 1,61% respectivamente.

Hai 964 persoas hospitalizadas en Galicia con coronavirus, das cales 157 permanecen na UCI. Case 3.100 pacientes seguen tratamento no domicilio. Houbo 115 falecidos ata agora, e case 260 altas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *