Anulada a sanción inxustificada a unha traballadora da Biblioteca González Garcés

Compartir

 O Xulgado do Social nº2 da Coruña vén de dar a razón a unha traballadora da Biblioteca Pública Miguel González Garcés fronte a unha sanción inxustificada neste centro dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A empregada fora sancionada xunto con outros compañeiros do mesmo centro pola anterior directora. A xustiza anula o castigo ao non apreciar proba ningunha da comisión das «faltas leves» que motivaron o expediente.

Segundo CCOO, as verdadeiras causas debéronse á «mala xestión» da directora, xa destituída, «que provocou unha exposición do persoal a un alto risco psicosocial no desenvolvemento do seu traballo cotián». No centro existiran problemas con carácter previo, con frecuentes reclamacións xudiciais da plantilla relativas a conciliación, asuntos persoais, vacacións ou horarios. A situación motivara mesmo unha denuncia sindical na Inspección de Traballo. Logo desta destitución da directora, «a situación laboral mellorou e así quedou constatado no xuízo».

CCOO critica que a Xunta non fixese «nada por reconducir a situación», chegando a «disfrazas» o cee como unha «reorganización» na directiva. A Consellería de Cultura é, para o sindicato, responsable do sucedido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *