Dez detidos nunha operación antidroga

Compartir
Resultado de imagen de policia nacional españa

Un operativo da Policía Nacional desenvolveuse esta mañá no barrio de Monelos e outros puntos da cidade e da área da Coruña, dirixido a combater o tráfico de drogas, e saldado coa detención de dez persoas. O xuíz decretou o segredo das actuacións ata o momento. Segundo informa La Opinión de A Coruña, polo menos unha persoa tería sido vista saíndo esposada dunha vivenda.

A Policía situou varios furgóns na área e traballou en colaboración coa Policía Local polas incidencias que a presenza dos vehículos policiais poderían ter causado sobre o tráfico. Ata dez furgóns policiais, cans adestrados e axentes de paisanos tomaron parte na operación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *