Ampla intervención na rede de saneamento

Compartir

A Concellería de Infraestruturas está a realizar diversas actuacións na rede de saneamento da cidade co obxectivo de levar a cabo un mantemento óptimo nesta infraestrutura urbana fundamental para a correcta condución das augas residuais e o seu correspondente tratamento.

Na rúa Agra da Bragua a área de Infraestruturas deron comezo as obras de saneamento coa renovación do colector de fecais entre o número 9 da devandita rúa e o cruzamento coa rúa Panamá, nun tramo duns 30 ml. O orzamento da actuación nesta rúa do barrio do Ventorillo é de 22.000 euros.

Por outra banda, na rúa Atenas da Zapateira tamén comezaron os traballos para a construción dunha rede de saneamento separativo, con colectores de PVC para as augas fecais e pluviais, que discurren en paralelo nun trazado duns 140 ml. Ademais, disporase dunha rede de sumidoiros e rigolas para a condución das augas de choiva cara a nova rede. Estas obras tamén contemplan a renovación completa do pavimento da rúa e o seu orzamento é de 179.170 euros.

Canto aos labores de saneamento que xa foron rematados, e segundo informa a Concellería de Infraestruturas, a avenida Fisterra e a avenida Nova York xa dispoñen dunha nova rede de saneamento. Na avenida Fisterra renovouse o colector de fecais entre os números 294 e 312 nun tramo duns 70 ml e repuxéronse os pavimentos a carril completo cun orzamento aproximado duns 45.000 euros. Na avenida Nova York, os traballos consistiron na substitución da tubaxe de pluviais entre os números 3 e 5 da devandita vía, fronte ao colexio Fillas de Xesús, nun tramo duns 60 ml. Así mesmo, ampliouse a recollida de pluviais coa instalación dun sumidoiro adicional na zona e renováronse as beirarrúas para unha mellor accesibilidade a contorna do colexio. As obras de saneamento da avenida Nova Iorque dispuxeron dun orzamento de 30.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *