Alfonso Hermida, fichaxe municipal na área de Deportes

Compartir

O xornalista Alfonso Hermida será nomeado en breve director da Área de Deportes do Concello. Anunciouno esta mañá na Comisión Municipal de Deportes Mónica Martínez, recentemente incorpada ao Goberno local e edil dese departamento. Hermida, un rostro habitual ata hai uns anos nos informativos da TVG, asumirá este cargo logo dos trámites de nomeamento.

Alfonso Hermida naceu na Coruña en 1970. Comezou a súa carreira profesional en Radio Nacional a fins dos anos 80, e dende 1994 estivo vinculado á TVG. Presentou o programa deportivo da fin de semana durante anos, sendo recoñecido co Premio Mestre Mateo por ese labor en 2004. En 2005 incorporouse ao Telexornal. Comprometido cos dereitos laborais no ente público, dimitiu en 2012 do seu posto, e novamente en 2018, por discrepancias coa liña informativa, tras regresar ao Telexornal o ano anterior. En 2011 manifestouse publicamente en contra da reforma da CRTVG.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *