Adxudicada a urbanización da contorna do mercado de San Agustín

Adxudicada a urbanización da contorna do mercado de San Agustín
Compartir
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a aprobación de «asuntos de grande interese para a cidade» tras a Xunta de Goberno Local. Estes inclúen o impulsa á renovación dos parques infantís de toda a cidade e autorización para o proxecto de remodelación da rúa Ramón Cabanillas e cuxas obras contarán cun orzamento de 923.885 euros.
Tamén se adxudicaron proxectos como a urbanización da contorna do mercado de San Agustín -por un importe de 619.520 euros-, o contrato para a prestación do servizo das Escolas Deportivas Municipais -que supera o millón de euros- e 5 furgonetas con distintivo para as patrullas de barrio -cun investimento de 349.206 euros-.
Ademais, autorizouse o gasto de 384.000 euros para repoñer luminarias obsoletas en diferentes vías da Coruña e aprobouse unha achega de 130.000 euros para o programa de axudas sociais dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade que desenvolve Cáritas na cidade e ao programa Acompáñote de atención ás persoas maiores en situación de soidade cunha achega de 175.000 euros.