Abertos ao tráfico os carrís interiores da Rolda de Nelle

Compartir

Hoxe abríronse ao tráfico os carrís centrais do tramo da Rolda de Nelle que leva en obras desde o pasado 21 de xaneiro, correspondente á intersección entre esta vía e a avenida de Fisterra. O obxectivo de derivar o tráfico aos carrís interiores non é outro que o de liberar os carrís exteriores para continuar cos traballos de pavimentación nas beirarrúas e para habilitar o carril bici. 

A fase na que se encontra esta obra é a correspondente aos traballos de pavimentación, pintado dos novos cruzamentos e construción de beirarrúas máis anchas, carril bici e plantación de árbores. En definitiva, a humanización desta arteria da cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *