A Xunta ten rexistrados 465 casos de COVID-19 na Coruña en 14 días

Compartir

A Xunta volveu mudar de criterio á hora de trasladar ao público os datos por concellos de incidencia de COVID-19, optando agora por un mapa que mostre os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días municipio a municipio. Os datos de hoxe, así clasificados, amosan que a cidade da Coruña rexistrou 465 casos de COVID-19 nese período de tempo.

A Consellería de Sanidade sinalou esta mañá que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.669. Ata 1.798 son da área da Coruña, 1.097 da de Lugo, 637 da de Ourense, 1.234 da de Pontevedra, 2.260 da área de Vigo, 959 da de Santiago, e 684 da de Ferrol.

Nestes momentos hai 129 pacientes hospitalizados no CHUAC, con outras 28 persoas en coidados intensivos no mesmo centro. No Virxe da Xunqueira hai 9 persoas hospitalizadas, outras 2 no HM Modelo-Belén e outra no Hospital Quionsalud da Coruña, onde hai ademais 2 persoas en coidados intensivos. Isto é, hai 141 persoas hospitalizadas na cidade e outras 30 a maiores en coidados intensivos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *