A Xunta mantén varias restricións na Coruña

Compartir

Ante a evolución positiva da pandemia na comarca, a Consellería de Sanidade levantou onte as restricións na cidade da Coruña agás nas zonas da Agra do Orzán, Sagrada Familia, Os Mallos, As Conchiñas e O Ventorrillo. Estas zonas continuarán coas restricións -publicadas o 7 de agosto no DOG- polo seu elevado número de contaxios que contrastan co resto das zonas da urbe que manterán as normas que rexen para toda Galicia. A Xunta informou onte durante a reunión que as restricións continuarán nestas zonas que serán acoutadas, aínda que os espazos quedarán sinalizados por rúas e non por barrios.

No DOG de onte, a Xunta sinala que  manterá as medidas de prevención establecidas dende o 7 de agosto pola evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 «no ámbito territorial constituído polo perímetro delimitado pola intersección das seguintes rúas (ambos lados da rúa incluídos): Ronda de Outeiro, rúa Manuel Murguía, Paseo de Ronda, rúa Gregorio Hernández, Ronda de Nelle, rúa Fernando Rey, avenida de Alfonso Molina, Ronda de Outeiro (tramo Estación de Ferrocarril), avenida de Salgado Torres, avenida de Cádiz, avenida do Ferrocarril, avenida de Arteixo, Polígono de Vioño, rúa Pasteur, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada, rúa Ágora, Travesía Antonio Pedreira Ríos e Ronda de Outeiro (tramo desde Manuel Deschamps ata Manuel Murguía)».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *