A Xunta non concreta o investimento no hospital

Compartir

O Concello trasladou hoxe o convenio marco á Xunta de Galicia co fin de impulsar de forma definitiva a construción do novo Hospital Universitario. O Goberno local, tras manter contacto directo nas últimas semanas coa administración autonómica, quere avanzar no establecemento entre ambas as administracións. Ao mesmo tempo, e co obxectivo de axilizar a sinatura, o Concello reclámalle á Xunta que achegue o anexo cos investimentos. Nunha carta remitida a María Pita o pasado venres, a Xunta comprometeuse a detallar as súas achegas económicas nun anexo. O Concello agardará agora polo devandito documento. Entende que é prioritario que se achegue coa máxima celeridade para impulsar esta infraestrutura sanitaria clave para a cidade.

O Goberno local lamenta ter agardado «durante seis meses» por un documento que concretase este aspecto. O convenio non pode asinarse sen o compromiso das dúas partes, «seguindo as conclusións dos xurídicos municipais». A alcaldesa, Inés Rey, reiterou hoxe o seu «absoluto compromiso co proxecto» que entende  como fundamental para que a Coruña «teña o hospital que os coruñesas e coruñeses merecen».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *