Os Franco deben devolver Meirás

Compartir
File:Pazo de Meirás.jpg - Wikimedia Commons

O Pazo de Meirás, máis próximo de volver ao patrimonio público. A xuíza Marta Canales declarou hoxe o pazo como propiedade do Estado e ordenou á familia do ditador Francisco Franco a súa devolución. O Xulgado de Primeira Instancia nº1 da Coruña estimou a demanda interposta polo Estado, que considera unha apropiación ilícita a do pazo por parte da familia Franco, ao tratarse dunha fraude que simulaba unha compravenda -o pazo foi unha doazón mediante coaccións sobre a poboación local-. Os Franco terán que devolver este inmoble de Sada sen indemnización por mantemento da propiedade

O pazo foi propiedade de Emilia Pardo Bazán, e foi posteriormente apropiado polos Franco durante a ditadura, pasando a ser residencia estival de Francisco Franco. Declarado Ben de Interese Cultural en 2008, ten sido dende aquela fonte de litixios entre os herdeiros do ditador e a Administración.

A Casa Cornide
Esta sentenza, que pode ser recorrida ante a Audiencia Provincial, chega poucos meses despois de que os Franco puxesen á venda a Casa Cornide, un edificio da Cidade Vella do século XVIII que enfronta á familia do ditador co Concello. A Casa Cornide, berce de persoeiros da ilustración galega como José Cornide, acolleu o concello durante o século XIX. En 1957 foi subastado e adquirido por Pedro Barrié de la Maza, quen llo cedeu a Carmen Polo, esposa de Franco, para as estadías da familia na cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *