A Universidade aposta pola sustentabilidade no alumeado público

Compartir

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e o presidente da Asociación Slowlight, José Enrique Alcázar Sánchez-Vizcaíno, asinaron esta mañá un convenio de adhesión da entidade académica ao manifesto Slowlight para unha iluminación pública sustentable.

Abalde amosou a súa satisfacción por formar parte desta iniciativa pois “a sustentabilidade é un tema sensible na Universidade da Coruña” como vén a demostrar a existencia dun campus de especialización específico neste tema. O reitor comentou que a Universidade está en pleno proceso de cambios nas luminarias por outras máis eficientes pero ademais de promover o cambio, dixo Abalde, hai que concienciar nunha iluminación máis sustentable. O presidente de Slowlight agradeceu a boa acollida que está a ter este manifesto, tanto na UDC como noutras entidades e administracións públicas. Alcázar xustificou a importancia do tema da iluminación en que, entre outras consecuencias, “nos últimos corenta anos estamos a perder a noite” por un exceso de luz artificial.

O Manifesto Slowlight para unha iluminación pública sostible publicouse o 16 de maio de 2020 conmemorando o día internacional da Luz, e desde entón numerosas entidades públicas e privadas aliñáronse con el subscribindo a Carta de Compromiso Slowlight.

Coa firma, a entidade comprometida comparte os principios fundamentais da Iniciativa Slowlight para fomentar unha iluminación pública sustentable e comprométese a colaborar na súa mellora, así como na divulgación e extensión a novos proxectos de iluminación, e contribuír á redución da contaminación lumínica en calquera das súas formas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *