A UDC formará en protección de datos ao persoal dos concellos da provincia

Compartir

O persoal das administracións locais da provincia formaranse en protección de datos a través dun curso de posgrao sobre cumprimento legal e privacidade grazas a un convenio asinado esta mañá polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde. Polo acordo, o ente provincial achegará 18.960 euros para financiar a matrícula de doce persoas seleccionadas entre o persoal dos concellos da provincia e da propia Deputación.

Aspectos como a protección, regulación e tratamento de datos persoais precisan dunha formación especializada por parte dos traballadores das entidades locais. O Big Data e o tratamento automatizado de datos convertéronse nun dos principais activos das empresas e administracións, cunhas esixencias legais moi escrupulosas para asegurar os dereitos da cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *