A torre de Hércules tínguese de verde polo Día Mundial da Esclerodermia

A torre de Hércules tínguese de verde polo Día Mundial da Esclerodermia
Compartir

A Torre de Hércules iluminarase esta noite de cor verde con motivo do Día Mundial da Esclerodermia, a petición da Asociación Española de Esclerodermia (AEE). A esclerodermia é unha doenza rara 3 de cada 10.000 persoas), de carácter autoinmune e crónica, que caracteristicamente afecta á pel en forma de fibrose. Pode ser unha doenza na pel ou máis grave, con presenza de anticorpos, dano dos vasos sanguíneos e afectación aos órganos internos.

Xa o pasado 21 de xuño, con motivo do Día Mundial da ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), a torre fora tamén iluminada de verde durante a noite.