A Torre de Hércules organiza visitas á lanterna do faro romano por primeira vez

A Torre de Hércules organiza visitas á lanterna do faro romano por primeira vez
Compartir

Hoxe arrincou o proxecto piloto de visitas á lanterna da Torre de Hércules no marco da celebración do duodécimo aniversario como Patrimonio Mundial da UNESCO. De maneira provisional, as visitas serán os venres, sábados e domingos de xullo e o 1 de agosto, pero poderán estenderse se hai moitos visitantes. As subidas serán dun máximo de catro persoas en dúas quendas (12.30h e 19.15h).

A única vía de acceso ao farol é unha escaleira de caracol de 5 metros de altura e medio de diámetro. Os menores só poderán ir acompañados por adultos. As entradas para acceder poranse diariamente á venda no Centro de Interpretación e Atención a Visitantes o mesmo día da visita, por estrita orde de demanda. Cada persona poderá retirar un máximo de duás entradas.