Nova doazón de 36.500 máscaras

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá unha doazón de 36.500 máscaras protectoras por parte da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, na sede da Delegación do Goberno.

Este lote de material sanitario doado comezará a ser repartido entre o persoal dos servizos municipais, das empresas concesionarias e dos sectores máis vulnerables da cidade. Ademais, o concello anunciará nos vindeiros días novos repartimentos de material sanitario aos sectores que proximamente deberán iniciar a desescalada.

Inés Rey agradeceu «a doazón deste material sanitario, que achegaremos tanto ás empresas que traballan prestando servizos municipais, como aos colectivos máis vulnerables».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *