A semana péchase con 42 positivos no ensino

Compartir

O ensino non universitario da Coruña chega á fin da segunda semana con todos os niveis educativos funcionando con 42 casos positivos rexistrados. A semana pasada eran, a venres, 25 os casos detectados.

Hai tres escolas infantís con positivos por COVID-19. Son a E.I. Mariñas (1), a E.I. Kid’s garden (2) e a Escola Popular Gratuíta da Coruña (1, e unha aula pechada). O último caso coñeceuse hoxe mesmo.

No resto do ensino non universitario, hai 19 centros afectados. O que rexistra máis casos (6) segue a ser o CPR Plurilingüe Grande Obra de Atocha, seguido polo CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida, onde hai catro casos. O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, o CEIP José Cornide Saavedra e o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda teñen tres casos cada un. No CEIP Eusebio da Guarda, no CPR Afundación, no CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Sagrada Familia e IES Plurilingüe Adormideras hai dous casos. O resto de centros (CEIP Alborada, CIFP Imaxe e Son, CPR Obradoiro, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Plurilingüe Liceo La Paz, IES Fernando Wirtz Suárez, IES Plurilingüe Rafael Dieste, IES Ramón Menéndez Piral e IES Urbano Lugrís hai un caso. Ningún destes centros pechou aulas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *