A sanidade privada deberá coordinarse nun sistema único coa pública

Compartir

O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en concordancia coas directrices adoptadas polo Ministerio de Sanidade, no marco da necesidade de establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19.

Esta mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo  unha vídeo conferencia cos responsables  dos centros privados galegos. Na reunión foron informados das medidas concretas que se porán en marcha «para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados». O conselleiro destacou que tamén «se estableceu contacto con todas as empresas de ambulancias de Galicia, para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade». Durante a xuntanza, Vázquez Almuiña asegurou que a Xunta «continúa mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia», e que o Goberno autonómico se atopa «en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de recomendacións». Lembrou que a Xunta segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *