A Policía Local terá 38 novas prazas

Compartir

O voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, anunciou que o concello incorporará este ano 38 policías locais co fin de mellorar a seguridade cidadá. «Estamos tomando decisións para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase o cadro de persoal deste servizo municipal». O concelleiro de Economía e Facenda anunciou que «o próximo 10 de marzo outros/as sete axentes entrarán en servizo, tamén como funcionarios/as de carreira tras o período de prácticas, e o vindeiro 12 de marzo comezarán o seu período formativo outros/as 23 axentes que entrarán na academia e que estarán traballando nas rúas da cidade este verán.»

Este anuncio enmárcase na súa previsión de mobilizar 413 prazas de traballadores e traballadoras municipais entre este ano e o vindeiro. Lage asegura que preto da metade destas prazas serán de nova creación, polo que o cadro de persoal municipal ampliarase nunhas duascentas persoas. A metade restante corresponderase con procesos de promoción interna, abertos a persoas que xa son traballadoras públicas. Dos 38 novos policías que se incorporarán en 2020, oito destes novos axentes comezaron a súa andaina municipal no pasado mes de xaneiro como funcionarios de carreira na Policía Local, despois de pasar nos últimos meses o seu período de prácticas na Academia Galega de Seguridade Pública.

«Neste ano 2020 este Goberno Local aumentará en 38 axentes os efectivos da Policía Local, máis dun 10% do cadro de persoal total, o que evidencia o compromiso do Goberno Local de Inés Rey coa seguridade desta cidade», explicou Lage Tuñas no pleno, recordando que A Coruña ten uns indicadores de criminalidade por debaixo da media nacional e moi lonxe dos que teñen outras grandes cidades, mais que se queren seguir a mellorar. A cidade rexistra 42,26 delitos por cada mil habitantes, a terceira parte dos reflectidos pola estatística en Barcelona e a metade dos rexistrados en Madrid, e tres puntos menos da media estatal. «Prometemos o  pasado setembro que íamos reforzar o corpo da Policía Local con novas incorporacións e hoxe, xa en 2020, podemos asegurar que non son palabras senón feitos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *