A paz reúne a máis de 4.600 estudantes

Compartir

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta mañá á gran cadea humana que formaron máis de 4.600 escolares dunha vintena de centros educativos da comarca da Coruña ao longo do Paseo Marítimo ata chegar á contorna da Torre de Hércules. Alí, na rotonda de Breogán, o pequeño Iago, un alumno do CEIP de Ombre de Pontedeume, deu lectura ao manifesto pola paz.

Facendo alusión ao obelisco do Millenium, o manifesto poñía en voz de Iago: «Unimos as nosas mans desde o Millenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas, fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade».

A iniciativa, na que colaborou o concello, foi impulsada polo equipo de biblioteca do CEIP Raquel Camacho da Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *