A mellora da mobilidade na avenida de Gran Canaria priorizará os peóns

Compartir

As obras de mellora da accesibilidade na avenida de Gran Canaria que arrincan este luns darán prioridade aos peóns e as peoas. Con este proxecto, o Concello responde ás peticións realizadas pola Asociación de Veciños LabañouSan Roque Francisco Rodríguez Otero durante unha reunión mantida co concelleiro de Urbanismo, Juan Villoslada, e o equipo técnico da concellería.  

A actuación na avenida de Gran Canaria ten como obxectivo fundamental a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante onde enlazaría coas zonas peonís xa renovadas de Paseo de Rolda. Desde Infraestruturas explican que se mellorará a accesibilidade tanto dos pasos de peóns como na parada 84 do autobús urbano, eliminando a baía existente. Ademáis renovaranse os pavimentos peonís, as canalizacións de iluminación e dotarase de rega ás zonas verdes.  

Doutra banda, ampliaranse as zonas verdes e a arboleda. O proxecto inclúe a creación  dun xardín con céspede e flores vexetais continuo a ambos os dous lados da avenida coa totalidade de árbores existente. Deste xeito, substitúense as especies de alcorques individuais actuais por unha zona verde que impedirá o estacionamento de vehículos sobre as beirarrúas da avenida e dará maior seguridade aos peóns. Na praza da Mariña Mercante manterase a fileira de árbores existente ampliando o número coa plantación de catro exemplares de  Quercus  palustris./carballo.   

As obras que o Concello está a desenvolver por distintos barrios da cidade responden ás peticións que a veciñanza fai aos responsables municipais durante os encontros que se realizan de maneira periódica para coñecer a situación de cada zona. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *