A Garda Civil da Coruña intercepta a un condutor cunha taxa de 0,87 de alcol

A Garda Civil da Coruña intercepta a un condutor cunha taxa de 0,87 de alcol
Compartir

A Garda Civil investiga a un condutor por un delito contra a seguridade viaria logo de interceptalo nas cabinas de peaxe da autoestrada de Paiosaco grazas á alerta cidadá. Ao deter ao condutor, con síntomas evidentes de ter consumido bebidas alcólicas e atoparse baixo a influencia das mesmas, procederon a realizarlle a proba de alcolemia, que deu un resultado inicial de 0,87 MG/L en aire espirado, e posteriormente outro de  0,91 MG/L.

Os axentes comezaran a busca do condutor a raíz da chamada dun usuario da vía alertando da presenza dun vehículo que conducía erraticamente, invadindo continuamente o sentido contrario. A alerta produciuse na rotonda de inicio da estrada AC-552, continuando cara á AG-55. O automóbil abandonou a vía na saída 7 cara ao porto exterior, pero logo de colidir cunha barreira de acceso cambiou o sentido e virou para a AG-55 de volta.