A expansión do COVID-19 segue ralentizándose na área coruñesa e no conxunto de Galicia

Compartir

A área sanitaria rexistrou nove novos casos activos de COVID-19 nas últimas 24 horas, nas que se produciron dous novos falecementos no CHUAC, de pacientes de 79 e 82 anos respectivamente, e un na residencia Domus Vi Matogrande. A cifra actual de casos activos na nosa área é de 1.280, nun total de 6.019 en toda Galicia. A tendencia xeral na comunidade é a da diminución no número de novos contaxios, aínda que os expertos recomendan non baixar a garda.

A Xunta informou hoxe de que a Coruña segue sendo a área con máis casos activos de COVID-19 en Galicia, seguida por Ourense, con 1.193. A área de Vigo ten 1.085 e a de Santiago 1.029. As áreas con menor incidencia da doenza son a de Lugo -589 casos-, a de Pontevedra -505- e a de Ferrol -338-. A maior parte dos pacientes están a ser tratados nos seus domicilios. Hai 874 persoas hospitalizadas, con 128 na UCI. Fixéronse máis de 50.000 probas entre a poboación.

Residencias
A Xunta tardou varias semanas en comezar a dar os datos específicos de falecementos nas residencias de maiores e persoas dependentes. Actualmente, o 44% dos falecementos en Galicia foron de persoas que vivían en residencias da terceira idade. U 2% dosontaxios totais na comunidade producíronse neses espazos. O 3,8% dos residentes deste tipo de centros en Galicia contraeron COVID-19.

Infraccións
A Policía Local da Coruña segue controlando o cumprimento efectivo das medidas do estado de alarma. Na xornada de onte foron denunciadas 18 persoas, o que deixa case 600 denuncias na Coruña desde mediados de marzo. Un total de 7 establecementos foron denunciados ata agora, e detidas 11 persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *