A Coruña súmase á hora do planeta

Compartir

O Concello da Coruña súmase á conmemoración da Hora do Planeta apagando mañá as luces dos monumentos e edificios máis emblemáticos da cidade. Así, desde as 20.30 ás 21.30 h deste sábado a Torre de Hércules ou o Pazo municipal de María Pita quedarán ás escuras para contribuír con esta iniciativa de WWF a nivel mundial que busca chamar a atención de xeito simbólico sobre o cambio climático.

A alcaldesa, Inés Rey, valorou a iniciativa como «un xesto simbólico cunha razón importantísima como é a de frear o cambio climático». Rey lembrou que o Concello da Coruña loita a diario, «poñendo en marcha políticas sustentables», para reducir as emisións contaminantes na cidade.

A Hora do Planeta naceu hai máis dunha década en Sidney, en 2007, propoñendo o sinxelo xesto de apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos emblemáticos durante unha hora. Hoxe, forman parte do movemento de defensa da natureza miles de cidades de 188 países que suman o apagado de máis de 17.000 monumentos e edificios icónicos, e que se unen á cidadanía, empresas, concellos e institucións para, entre todos, mudar o cambio climático.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *