A Coruña rexistra 20 casos de COVID-19 e a Xunta pecha un centro en Oleiros

Compartir

As últimas horas teñen rexistrado un medre relativo na expansión do coronavirus COVID-19 pola Coruña, que ata o momento é o punto de Galicia máis afectado, cun total de 20 de 27 casos. Radio Coruña fíxose eco dun oficio da Consellería de Sanidade que fora enviado á dirección dos centros.

Nel, a Xunta inclúe recomendacións hixiénicas como a desinfección de instalacións. O Centro ocupacional e centro de día de Aspronaga en Lamastelle -Oleiros- vén de ser pechado durante 14 días logo de detectarse un positivo de coronavirus nunha persoa usuaria, segundo o propio oficio da Consellería. O Goberno autonómico reclamou xa os contactos de usuarios e traballadores para proceder ao seguimento protocolario.

A maior parte dos casos positivos na Coruña seguen a ser vinculados ao centro cívico de Feáns, pechado desde hai dous días e desinfectado dende onte. Para evitar contaxios en centros de saúde, o Goberno autonómico recomenda chamar ao 061 ante síntomas de contaxio, sen desprazarse a zonas onde se congreguen moitas persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *