A Coruña quere un tren en condicións a Lugo

Compartir

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, participou esta mañá na asemblea xeral ordinaria organizada polo Eixo Atlántico en Matosinhos, á que asistiu a ministra portuguesa de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa. Na dita asemblea abordáronse cuestións como o desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias para mellorar a comunicación da franxa atlántica e a captación de investimento e talento e a aposta dun turismo sustentable como estratexias fundamentais para posicionármonos no mapa europeo e, en concreto, no novo escenario de fondos europeos.

O edil defendeu xunto coas persoas responsables dos concellos de Lugo, Ferrol e Monforte a necesidade de potenciar a liña de ferrocarril tanto de pasaxeiras/os como de mercadorías que une A Coruña e Ferrol coa provincia luguesa «clave para lles dar saída ás mercadorías dos nosos portos de interese xeral, situados no arco atlántico, e vertebrar mellor todo o norte e interior da comunidade». A Coruña será escenario o 28 de febreiro da próxima reunión do Eixo Atlántico, en que se poñerá en marcha un grupo de traballo sobre mobilidade urbana sustentable. Ademais, as persoas representantes de Galicia e do norte de Portugal debateron a colaboración nas materias de cultura e deportes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *