A Coruña blinda a axuda a domicilio

Compartir

O Goberno local aprobou, na súa xunta desta mañá, unha prórroga forzosa de nove meses ao contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio. A empresa OHL Servicios Ingesán seguirá prestando este servizo, cuxo convenio caducaba o pasado día 28 logo de dous anos. O executivo defende esta decisión pola «situación actual de crise sanitaria», ante a que considera «primordial que non se interrompan en ningún caso as prestacións domiciliarias que garantan a cobertura de necesidades básicas esenciais». A prórroga contempla o 1 de xaneiro como nova data límite.

Esta medida do Concello supón un gasto de tres millóns de euros. A prórroga faise efectiva dende o 2 de abril. Interromperase o período de nove meses se conclúe antes o procedemento de nova contratación que dea continuidade a este servizo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *