A hostalería afronta a incerteza

Compartir

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insta á Xunta a pór en marcha medidas urxentes para evitar a quebra dos negocios da hostalaría, tras as restricións anunciadas onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A rexedora sinalou que o sector «está sufrindo de modo directo as consecuencias das limitacións impostas pola pandemia». Rey criticou que a Xunta tome estas medidas que afectarán ao sector hostaleiro sen anunciar outras compensatorias para apoiar ao sector.

A alcaldesa esixe medidas «xustas, equilibradas e proporcionais». E advirte que estas restricións deben ser anunciadas con antelación suficiente para evitar  que os negocios teñan perdas imprevistas, como ocorreu a pasada fin de semana. «A Xunta ten que ofrecer xa alternativas económicas ás persoas afectadas polos novos peches.» S

Por outro lado, entende que estas restricións tamén afectarán a sectores como o dos mercados de abastos e á propia Lonxa. Insiste en que sen o preciso apoio económico, «a Xunta contribuirá a converter a crise sanitaria nunha crise económica sen precedentes».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *