8 contaxios nunha residencia de Culleredo. A Xunta rectifica e fará PCRs ás novas contratacións

Compartir

Oito usuarios da residencia de anciáns Orpea de Culleredo, na Coruña, deron positivo por coronavirus. As probas realizáronse tras o caso dunha traballadora, á que se detectou o positivo por Covid-19 o sábado.
O director xeral de Maiores, Ildefonso de la Campa, explicou que o módulo, con 36 residentes, quedou illado desde este domingo e, tras coñecerse o brote, fíxose o cribado a todos os usuarios e profesionais.

Segundo a Consellería de Política Social, a traballadora que deu positivo non se trata dunha das contratacións para cubrir as vacacións de verán, senón que leva tempo no centro. Ao novo persoal que se contratou para cubrir baixas e vacacións non se lle estaba facendo ata o de agora a proba do Covid-19, o que xerou duras críticas do sindicato CIG.
Despois de que o Ministerio de Sanidade anunciase o venres a obrigatoriedade de facer estas probas, a Xunta confirmou que a partir de agora faríallas ás novas contratacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *