Dez novos axentes para a Policía Local

Compartir

O Concello da Coruña incorpora, nunha aposta pola seguridade, dez novos axentes de Policía Local dende hoxe. Inés Rey agarda que as novas incorporacións á Policía sexan “una extensión do propio Concello”, para que deste xeito “poidan defender as ordenanzas municipais, velar pola seguridade de todas as veciñas e veciños e garantir o servizo público”.

Os novos integrantes do corpo foron recibidos esta mañá no pazo municipal de María Pita pola alcaldesa, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

A fins deste mes incorpóranse ao cadro de persoal da Policía Local 23 profesionais chegados da academia de policía. No que vai de 2020 a Policía Local sumou 33 axentes.

Esta mesma mañá, o axente Carlos Vázquez Prego salvou a vida dunha muller de 82 anos caída ao mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *