Volven as exposicións

Compartir

A normalidade comeza a intuírse en ámbitos como a cultura. O concelleiro do ramo, Jesús Celemín, inaugurou esta maña na casa de Cultura Salvador de Madariaga a mostra «José Yañez. Desde a miña mirada», onde destacou que «se inaugurar unha mostra de arte é sempre un acto alegre porque a arte é vida, é creación e motiva, toca e emociona, hoxe é aínda máis motivador porque supón unha volta á normalidade».

O edil convidou a toda a veciñanza a desfrutar das obras de Yáñez e por suposto, en directo, mantendo sempre as medidas e as distancias de seguridade e respectando, «que é no que realmente demostra que unha cidade é madura».

 A exposición, que se poderá ver até o 26 de xullo, organízase en torno ás dúas plantas da sala de exposición na casa da cultura Salvador de Madariaga. Na planta  baixa, A Coruña aparece ordenada por barrios: Cidade  Vella, Pescaría, o primeiro e o segundo Ensanche e o resto da cidade. No segundo andar, as vilas galegas están agrupadas por provincias. Son paisaxes urbanas onde se atopan os edificios de referencia xunto a arquitecturas máis discretas pero tamén icónicas.

Outras mostras
Por outra banda, hoxe tamén reabren as súas portas as salas do Pazo Municipal de María Pita e o Quiosco Alfonso coas mostras de Fermín Encinar e Miguel Zelada. A exposición de Miguel Zelada permanecerá aberta ao público até o 7 de xuño, en horario de 12.00 ás 14.00 horas e de 18.00 ás 21.00 horas. E a mostra, «Obra última», de Fermín Encinar poderá contemplarse até o vindeiro 7 de xuño, en horario de 12:00 ás 14:00 e das 18:00 ás 21:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *