Volve o Festival Resis de música contemporánea

Compartir
5-vertixe_sonora

A terceira edición do festival Resis de música contemporánea e artes relacionadas comezará a semana que vén baixo o título de «Algoritmos sonoros» e cun concerto inaugural o 1 de xullo, ás 20.30 horas, protagonizado por Marc Vilanova, na Fundación Luis Seoane. O evento, que tivo que se suspender en abril por mor do estado de alarma, incluirá un total de catro concertos e unha instalación sonora. O artista, que traballa co son e a luz, creará en directo «Aresta», unha peza que se poderá ver desde ese día. O programa continuará o 4 de xullo co directo do percusionista Noè Rodrigo, que ofrecerá os temas de «Il legno e la parola». Vertixe Sonora estarán o 18 de xullo con «Sofferte…Lontano» e a pianista Magdalena Cerezo pechará o ciclo o día 31 con «Gran Torso».

A actriz e mestra de teatro coruñesa Chus Álvarez presentará os distintos eventos para os que a capacidade se ditaminará en función das normas actuais, polo que as prazas estarán limitadas co fin de garantir a seguridade do público. Por esta razón, a organización de Resis 2020, encabezada polo seu director artístico, o compositor coruñés Hugo Gómez-Chao Porta, decidiu compaxinar este ano a música en directo coa posibilidade de seguir os concertos mediante streaming. As persoas interesadas en asistir de forma física deberán retirar previamente a súa entrada na sede da propia fundación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *