Reabre a Torre de Hércules

Compartir
Archivo:TORRE DE HERCULES GALICIA.jpg - Wikipedia, la enciclopedia ...

A Torre de Hércules vai reabrir as súas portas o sábado que vén no seu horario habitual de verán (10h a 21h). O faro romano volve así ser visitable logo do estado de alarma e tras a implementación de medidas de seguridade e sanitarias e da revisión do Plan de auto-protección da Torre. O obxectivo é que a visita sexa segura para visitantes e persoal.

As medidas de precaución refórzanse tanto para comprar entradas como para acceder ao monumento. No punto de venda de tíckets só poderá haber un comprador por grupo, con aforamento limitado. Todas as normas estarán expostas en carteis e folletos dixitais. A visita farase utilizando máscaras faciais, agás no caso das persoas que estean exentas de uso -sempre de forma xustificada-. Sempre haberá un guía e só poderán acceder quince persoas por hora, cunha duración máxima de 45 minutos para a visita, xa que os restantes quince minutos servirán para desinfección.

.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *