Pesar polo falecemento de Javier Novelle, divulgador da ciencia na cidade

Compartir

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias informou esta tarde do falecemento do seu presidente, Javier Novelle. A entidade recorda que sempre lle estará agradecida «por investir o seu tempo e esforzo en mellorar o mundo en que viviu, achegando a ciencia á sociedade con xenerosidade e dedicación». Novelle, cuarto presidente da entidade, morreu un día antes de cumprir os 70 anos. Asturiano de nacemento, estivo sempre ligado á Coruña.

Javier Novelle distinguiuse polo seu traballo a prol da difusión do coñecemento. Para moitos veciños e veciñas da cidade, o seu nome está ligado á Ciencia en la Calle, a actividade coa que dende 1996 se achega á mocidade ao coñecemento e experimentación científica.

O Concello da Coruña tamén lamentou a perda do presidente da Asociación Amigos Casa das Ciencias, salientando que «as coruñesas e coruñeses estarán sempre en débeda con el pola súa dedicación na mellora do mundo e polo seu labor na achega da ciencia á sociedade desde a súa xenerosidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *