O Obradoiro de Fotografía Inclusiva da Fundación María José Jove acada a terceira edición

Compartir

A Fundación María José Jove vén de abrir o prazo de inscrición do seu Obradoiro de Iniciación de Fotografía Inclusiva con Enfoque Profesional. Especialmente deseñado para mozos de entre 16 e 24 anos con diversidade funcional, a entidade consolida este programa que vai pola súa terceira edición e que ten como finalidade a inserción laboral dos participantes. Este ano, ademais, quérese facer fincapé na inclusión, polo que se habilitan prazas para rapazas e rapaces sen diversidade funcional. A inscrición debe facerse a través da web da Fundación: www.fundacionmariajosejove.org. Para os alumnos do ano anterior, impartirae un curso de perfeccionamento. Desde a súa creación, formáronse unha vintena de mozas.

O obxectivo do programa, que se imparte coa colaboración da Asociación Nos Why Not?, é abrir unha nova vía de inserción laboral para estes mozos no campo da fotografía. Deste xeito, o primeiro ano, os contidos encamíñanse a dotar aos alumnos duns coñecementos técnicos adecuados (encadre, enfoque e composición) para realizar fotografías de calidade e xerar unha cultura visual. Para consolidar os seus coñecementos fotográficos, realizarán un proxecto conxunto onde traballarán en equipo. A fotografía achégalles empoderamento, visibilidade e ábrelles a novas relacións sociais. As clases impartiranse todos os mércores de 16:30 a 18 horas e contemplarán saídas ao exterior para sesións prácticas.

Pola súa banda, para os alumnos do ano pasado haberá un obradoiro de nivel avanzado. As clases terán lugar todos os martes de 16 a 18h. e buscarán mostrar que a fotografía pode ser unha oportunidade laboral, crear unha infraestrutura con características profesionais que permita ampliar coñecementos na área, asesorar sobre os seus posibles traballos fotográficos, sociabilizar e ampliar inquietudes culturais e laborais. Cos coñecementos básicos de fotografía adquiridos, neste taller de nivel avanzado os alumnos entrarán no mundo da fotografía profesional. Para iso terán ao seu alcance coñecementos avanzados, prácticas fotográficas, e diálogos entre fotógrafos profesionais. Unha vez finalicen o taller, terán recursos á súa disposición para exercer unha fotografía con espírito profesional.

Ambos os obradoiros impartiranse de outubro a maio e asegúrase o cumprimento de todos os protocolos para a prevención da COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *