O Día da Danza celébrase a distancia

Compartir

O Día Internacional da Danza é outra das efemérides que, este ano, cadra co período de confinamento para combater a expansión do coronavirus. As Bibliotecas Municipais, porén, non queren esquecelo. Súmanse así á celebración ao seu xeito, enchendo ao longo de hoxe todos os seus espazos virtuais con referencias á danza. A través da campaña «Ao paso dos versos», os centros municipais queren unirse «a aquelas persoas que nestes días non tiveron motivos polos que bailar mais que atoparon unha razón para o faceren».

Por medio dos seus blogs e redes sociais abordarán contidos dirixidos a todos os públicos onde a danza actúa como fío condutor, contemplada desde diversas perspectivas. Desde o contacontos “Un tigre con tutú” a unha listaxe virtual de coreografías en “Bibliosons” ou un podcast coa lectura da autobiografía da bailarina moscovita Maya Mijáilovna Plisetskaya, a rede municipal de bibliotecas ensinará e entreterá en movemento. As actividades desta efeméride pódense consultar na web.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *