O BNG critica a política cultural do Concello

Compartir
AVia 3

O BNG demandará, a tra vés da concelleira Avia Veira, ao Goberno Local unha avaliación da súa política cultural no pleno do vindeiro 10 de setembro. A formación nacionalista é moi crítica co balance gobernamental neste sentido. “Hai falta de compromiso, de implicación e de iniciativa”, considera Avia Veira, que pensa ademais que «non hai programación cultural» nin «coidado das infraestruturas». Ao seu xuízo, «non se está a termar adecuadamente nin da Banda de Música Municipal nin da Escola Municipal de Música nin da Orquestra Sinfónica».

“Esa falta de compromiso foi moi notoria durante as festas e a feira do libro”, apunta Avia Veira, quen lembra tamén que o Goberno Local non licitou aínda o novo contrato das bibliotecas municipais nin avanzou na unificación da rede de bibliotecas baixo a fórmula da xestión directa por parte do Concello.

“É mágoa que a política cultural do Concello non estea á altura do potencial que ten a nosa cidade», lamenta a concelleira nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *