‘Miña Coruña’ para erguer a cidade

Compartir

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, no seu labor de promover a cidade como destino turístico, lanza unha nova campaña titulada ‘Miña Coruña’ para animar a cidadanía a unirse de cara a superar os momentos duros en que todas e todos nos atopamos.

A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar mellor este período de confinamento e nela o concello agradece o traballo e a solidariedade dos colectivos profesionais e da veciñanza en xeral pero, ao mesmo tempo, recorda que falta menos para desfrutarmos da nosa cidade e das súas riquezas.

O vídeo, que se pode en ver https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12 segundos e busca enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de Hércules como eixe central. «Coa luz da vosa solidariedade, a luz da vosa empatía, a luz da responsabilidade e da esperanza; unha luz que guiará a xeracións sinalando o futuro en futuras tormentas», di o texto da produción audiovisual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *