7 de febreiro, Día dos Medios en Galego

Compartir

O 7 de febreiro é o Día dos Medios en Galego, efeméride que comezou a celebrarse en 2018 impulsada pola Asociación de Medios en Galego, nunha iniciativa respaldada polo Parlamento de Galicia. A data escollida conmemora o aniversario da publicación periódica de O Tío Marcos da Portela, o primeiro medio de comunicación impreso en galego. Foi impulsado polo xornalista Valentín Lamas Carvajal en Ourense, e saíu do prelo en 1876. Editouse ata 1889.

Aquí Coruña veu sumarse, no presente ano, ás ducias de medios integramente en galego actualmente operativos, tanto a través de internet como de forma impresa, radiofónica ou televisiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *