En que lugar do firmamento está Rosalía?

Compartir

A partir do vindeiro 2 de xaneiro, a Casa das Ciencias ensinará a localizar a recentemente nomeada estrela Rosalía e mais o exoplaneta río Sar. Ambos corpos celestes, así bautizados grazas ao traballo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, pasan a formar parte do traballo diario do planetario. As sesións incluirán esta actividade divulgativa que une a paixón pola astronomía coa cultura galega.

Será ao final de cada pase cando se darán as instrucións sobre como identificar este par de corpos celestes nomeados en honor da célebre poetisa de Padrón. Acompañarán a actividade os poemas de Cantaras gallegos e Follas Novas nas voces das escritoras Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Eva Veiga e Dores Tembrás.

Cómpre lembrar que este ano será a Coruña a cidade encargada de albergar o Congreso Estatal de Astronomía, que terá lugar do 30 de abril ao 2 de maio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *