#DesconfinaraLingua no Día das Letras máis atípico

Compartir

O Día das Letras Galegas estase a celebrar durante toda a semana nas Bibliotecas Municipais, en que, nesa puxa por «desconfinar a lingua», ofrecen unha programación inspirada no valor da lingua galega como motor de creación. A figura de Carvalho Calero, escritor homenaxeado na edición 2020 e o seu labor para abrir un mundo de posibilidades entre galego e portugués, constitúen o punto de partida dunha proposta integral que pon o foco na creación da nosa lingua como base do moderno sistema cultural co que conta Galicia.   

Xunto á campaña de promoción nas redes sociais protagonizada polo cancelo #DesconfinarALingua, en que se convida a participar a toda a cidadanía para que cubra a súa cara con materiais en galego (libros, cd, filmes), as persoas usuarias das bibliotecas poderán gozar, até o 17 de maio, dun conxunto de actividades que combinan a homenaxe a Carvalho Calero e a potenciación do galego para crear.  

Por outra banda, o Teatro Colón abre o seu pano nas redes sociais para as Letras Galegas e convida o conxunto de artistas galegas/os a que lle fagan unha chiscadela á celebración desde o seu confinamento para a publicaren nas redes sociais. Rodrigo Romaní, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Uxía, Donaire ou Xacarandaina e moitas creadoras e creadores máis xa mostraron o seu interese por participaren nesta iniciativa.   

Ademais, o Colón amplía este convite a todas as amigas e amigos do teatro para que calquera persoa participe na acción lendo algún fragmento dalgunha obra do ferrolán Carvalho Calero, publicando unha frase que lle guste especialmente ou achegando calquera manifestación artística como celebración persoal do Día das Letras (canción, mensaxe etc). 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *