«Imaxinar» Coruña en FITUR

Compartir

Un peregrino medieval que narra as virtudes e algunhas pasaxes históricas da nosa cidade. A intervención en vídeo de Julia Baird, irmá do Beatle John Lennon para lembrar o fío de unión entre Galicia e Inglaterra e os truncados plan de seu irmán para facer o Camiño. O vídeo musical O teu camiñar coa voz da cantaautora galega Carolina Rubirosa. Así presentou a Coruña a súa oferta turística na mañá de hoxe en FITUR, a Feira Internacional de Turismo en Madrid que acada con esta a súa cadraxésima edición.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, interveu na presentación para pór en valor Coruña como un «destino turístico de primeira orde cunhas características propias, difíciles de atopar noutros lugares». «Unha cidade sempre aberta, esperando ao visitante, como destino atlántico por excelencia» afirmou, salientando que «non hai un balcón ao océano coma o coruñés». Rey reivindicou a ligazón histórica da cidade con Gran Bretaña e Irlanda, así como co Camiño de Santiago. Precisamente, a alcaldesa coruñesa defendeu «un Xacobeo descentralizado» que poida chegar a toda Galicia.

A delegación coruñesa en FITUR incluíu aos concelleiros Jesús Celemín e Diana Cabana, responsables de Cultura e de Turismo respectivamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *