Acordo entre Concello e Deputación para a programación cultural

Compartir
Fotografía: Deputación da Coruña

A Deputación cofinanciará a programación cultural do Concello da Coruña. Así o recolle o convenio que o presidente Valentín González Formoso e a alcaldesa Inés Rey asinaron esta mañá na sede da institución provincial. O acordo compromete á Deputación a cofinanciar a programación cultural do Concello da Coruña durante o ano que agora remata.

A través deste convenio, a Deputación achega 91.245 euros (o 80% do orzamento total da programación) para financiar actividades coma a V edición do Festival Coruña Gráfica de cómic e ilustración, que este ano estivo centrado na Medicina Gráfica; a exposición da Fundación Luís Seoane sobre a obra de Víctor Moscoso, figura do pop-art americano nado en Oleiros en 1936, e os traballos previos da exposición conmemorativa dos 200 anos do Trienio Liberal, impulsada polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, que se desenvolverá en 2020.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *