A poesía do Cono Sur chega á Coruña

Compartir
Fotografía: Concello da Coruña

O ciclo Poetas Di(n)versos porá Galicia no mapa da poesía latinoamericana acada a súa décima edición co recibimiento de senlleiros autores do Cono Sur ata o m es de marzo. Autores consagrados da outra beira do Atlántica xuntarán voces e versos con creadoras e creadores locais nunha iniciativa que hoxe presentaron o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín , xunto á coordinadora, a poetisa Yolanda Castaño.

Entre os meses de xaneiro e marzo daranse cita no centro Ágora creadores sudamericanos que se mesturarán coas voces galegas e luxemburguesas. Jean Portante, que acaba de publicar en España «La reinvención de la sombra», abrirá o ciclo este luns. Trátase dun autor moi recoñecido no mundo francófono tras 40 volumes publicados de diversos xéneros e traducido a moitas linguas. Polo conxunto da súa obra, gañou o Premio Petrarca en París, o Gran Premio da Sociedade de Escritores e o Premio Nacional de Luxemburgo. Xunto a el estará estará o lugués Luís Valle, un escritor ascendente e un dos mellor considerados dos últimos anos logo de recibir galardóns como o Lueiro Rey, o Eusebio Lorenzo Baleirón ou o da Afundación. Autor doutros trinta títulos de distinta natureza, desenvólvese na xestión cultural e a comunicación e acaba de presentar o libro «Óstraka».

O 10 de febreiro será a vez dun dos poetas máis consagrados do mundo hispánico, o arxentino Hugo Mújica, en compañía dunha poeta combarresa que está a vivir o seu mellor momento: Tamara Andrés, autora dos recentes poemarios «Irmá paxaro» e «Bosque vermello». En marzo, o recital poético do luns 16 revestirá ecos experimentais e de vangarda ao convidar o uruguaio Rafael Courtoisie e o ourensán radicado na Coruña, Claudio Pato.

A cita continuará ata xuño. Trátase da única de carácter periódico con poetas internacionais e locais en todo o Estado. En 2014 foi distinguida co Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural. As sesións están programadas os luns ás 20.30 horas, con traducións ao galego e cun acceso aberto e gratuíto. Polo auditorio do Ágora seguirán a pasar distintas librarías de proximidade que poñerán á venda os exemplares das/os poetas convidadas/os, por se o público quixese aproveitar para levar unha sinatura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *