A fotógrafa Isabel Muñoz estrea a exposición «O mar» no Mar de Mares

Compartir

Esta mañá tivo lugar a inauguración da sétima edición do festival Mar de Mares que arrincou coa exposición «O mar» da fotógrafa Isabel  Muñoz. A mostra de Isabel Muñoz que se poderá visitar na dársena da Mariña ata o próximo 15 de outubro, recolle unha colección de doce fotografías de gran formato, nas que a artista une dúas das súas grades paixóns: o mar e a danza.

Ao evento asistiu a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quen destacou o papel  deste festival na defensa do nosos mares e do medio ambiente. Rey lembrou que esta celebración de Mar de Mares coincide con «dúas novas de enorme importancia para A Coruña e o seu medio marítimo: a primeira delas o anuncio do  dragado da ría do Burgo publicado no BOE e a concesión por parte da Xunta de Goberno local da licenza para a construción do poliduto cara ao Porto Exterior».

Rey sinalou que o dragado «é unha actuación que celebramos todas e todos e evidencia o compromiso de Pedro Sánchez cun proceso que non podía tardar máis e que representa a recuperación dun espazo natural que tamén é un recurso económico. Ademais, non só beneficia á cidade da Coruña senón tamén a todo o cinto metropolitano e a todos os municipios limítrofes coa ría». «A  recuperación da ría é un sinal de identidade que encaixa perfectamente coa nosa intención de poñer en valor as zonas litorais interiores da cidade como As Xubias ou A Pasaxe», afirmou Rey, quen lembrou que se trata dun ámbito de actuación de enorme potencial, que respectando escrupulosamente a súa contorna, pódese recuperar para unha cidade que naceu do mar e nel ten o seu futuro.

A concesión da licenza para a construción do poliduto permite desbloquear a liberación dos terreos portuarios, nos que A Coruña ten un dos grandes desafíos do seu futuro. «A recuperación da fachada marítima permitirá ensanchar a cidade, obviamente dun xeito moi diferente aos ensanches de décadas pasadas», explicou Rey, para quen «nos terreos portuarios temos unha oportunidade única para o coidado do medio, para a economía azul, para os espazos comúns e para, en definitiva, a cidade 2030, sostible e produtiva».

Rey felicitou as persoas responsables do festival porque a pesar de todas as dificultades que supón garantir as medidas de seguridade impostas pola pandemia, sacaron adiante unha programación que converte un ano máis a nosa cidade na capital mundial da defensa do mar.

A alcaldesa tamén felicitou a Isabel Muñoz porque» a súa obra cóntanos unha historia, a historia dos nosos mares». A súa traxectoria, dixo, é unha mostra de que beleza e compromiso social poden e deben ir da man.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *